Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Rutas da auga

Son numerosos os camiños que, ao longo dos séculos, a humanidade foi trazando por todo o territorio. Os ríos non son unha excepción e por iso moitos dos carreiros máis fermosos do noso país trascurren a pé de río, seguindo os surcos naturais que a auga e o tempo foron creando na paisaxe. Moitas destas sendas tradicionais foron esquecidas ou abandonado o seu uso tradicional, pero xeran hoxe en día un interese igual de importante, permitíndolle á cidadanía gozar da natureza e o medio ambiente.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pretende coas Rutas da auga pór en valor algúns dos itinerarios naturais existentes na contorna dos ríos da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, promocionando o desenvolvemento social do medio rural e dándolle resposta á crecente demanda social de gozar do patrimonio artístico e natural. Trátase, en definitiva, de divulgar a través deste proxecto novas rutas e carreiros que permitan coñecer e gozar da contorna natural dos ríos das concas do Miño, Sil e Limia en condicións axeitadas de seguridade e accesibilidade.