Esta ruta enmárcase dentro do territorio do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés o que lle confire un grande atractivo, atravesando lugares que conservan o carácter propio das poboacións de montaña.
Na
súa parte final mostra a fronteira natural que separa Galicia
de Portugal, presentando unha equilibrada combinación de
intereses culturais, etnográficos e paisaxísticos.
A
pedra ten un protagonismo especial nesta ruta podendo considerarse un
minucioso traballo de empedrada propia da mellor das calzadas coa que
se pretendía suavizar os desniveis e fixar o terreo.
Tras
abandonar Guxinde, unha primeira derivación invita a visitar
un muíño restaurado. Máis adiante, un segundo
desvío diríxese á aldea da Pereira. Atravesando
as últimas casas do lugar vólvese conectar co camiño
principal converténdose esta derivación en case unha
pequena circular.