Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Ruta de Padrendo

O sendeiro decorre por terras ourensanas cargadas de historia. Na viaxe dende a capital provincial ata a aldea de Padrendo pódense visitar o mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Sta. Camba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis, as augas termais do Río Caldo e a antiga Vía Nova romana con restos da súa calzada e numerosos miliarios. Pequenos desvíos achégannos ata o barroco da igrexa da Terrachá ou o Parque Megalítico de Muiños.

A ruta decorre polo val, entre as estribacións da Serra de Sta. Eufemia e a do Xurés. Ademais dos valores ambientais, esta zona conserva unha gran riqueza etnográfica con mostras interesantes de arquitectura rural da zona.

Percorrido: Padrendo, A Chan do Ventoselo, Torneiros e Padrendo.

Acceso: Pola estrada de Lobios á fronteira de Portela de Home (OU-312), desviarse na Devesa ata Padrenda. Tamén se pode acceder ao sendeiro na aldea de Torneiros, un pouco máis adiante na mesma OU-312.

Lonxitude: 11,3 Km.

Dificultade: Media (non apta para bicicleta)

Duración: 3,31horas


Fonte: Turgalicia.es