Melgaço é unha localidade
portuguesa pertencente ao Distrito de Viana do Castelao, rexión
Norte e sub-rexión do Minho-Lima, con aproximadamente 1.500
habitantes.
É sede dun municipio con 239,04 km2 de área
e 9.213 habitantes (segundo censo de 2011), subdividido en 18
freguesías. O municipio está limitado ao norte e leste
por Galicia, ao suroeste polo municipio de Arcos de Valdevez e ao
oeste por Monção. É ademais o municipio máis
setentrional de Portugal.
O clima pode clasificarse como morno
atlántico, cun valor medio anual de 14,4ºC. A temperatura
media oscila así ao longo do ano entre o máximo de
xullo (22,2ºC) e o mínimo de xaneiro (8,81ºC).
Giestoso, con 1.335 metros de altitude, na freguesía de Castro
Laboreiro, é o punto máis elevado do municipio.
Breve apunte etnográfico
Melgaço esténdese pola
marxe esquerda do río Miño ata as serras da Peneda e do
Soajo. Poderían delimitarse dúas zonas diferenciadas. A
ribeirinha, xunto ao Miño, caracterízase por unha
sucesión de pequenos vales e suaves costas, bañados
polos afluentes do río fronteirizo, típica en campos
cultivados en socalcos e sostidos por muros de pedra onde se atopan
os viñedos. Doutra banda, a zona montañosa e
planáltica, donde deambulan rabaños de ovinos, caprinos
e mandas de gando vacún. Terreos ideais para o centeo, pataca
ou cría do porco.
Este contexto determinou que ao longo
do tempo a vida das xentes de Melgaço xirase ao redor da
agricultura e gandería, desenvolvéndose para ese efecto
os utensilios necesarios. Melgaço é xa que logo ademais
un concello pleno de tradicións ligadas á artesanía:
liño, la, apeiros agrícolas, canastros ou muíños
construíron parte da historia da vila.
A calidade das
augas termais da área Águas do Peso é longamente
recoñecida desde hai anos, polo que a recuperación e
revitalización da Estância Termal constitúe unha
importancia vital para o desenvolvemento económico do
municipio. De vocación fortemente turística, presenta
unha oferta de calidade nos seus establecementos de hostalería,
onde se pode gozar dunha exquisita gastronomía típica,
con produtos locais: cabrito, lamprea, fumeiro e viño
Alvarinho.