Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Arcos de Valdevez

Arcos de Valdevez é unha vila portuguesa do Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con perto de 2.200 habitantes.


É sede dun municipio con 445,89 km² de área e 22.847 habitantes (datos 2011), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co municipio de Monção, ao nordeste con Melgaço, ao leste con Galicia, ao sur con Ponte da Barca, ao suroeste e ao oeste con Ponte de Lima e ao oeste con Paredes de Coura.


Arcos de Valdevez conserva todo o encanto característico desta rexión: paisaxe verde, frescura abundante, arquitectura solarenga e un río que é espello de todo o orgullo dun pobo cargado de historia: O Vez.


As vantaxes naturais dun municipio de sorprendente variedade xeográfica, fixeron de Arcos de Valdevez un destino de elección, que ofrece un exemplo de harmonía entre a área natural protexida e a vida cotiá das xentes que ocupan estas terras. Integrado no complexo montañoso do Parque Nacional Peneda Gerês, o municipio dispón dun diverso e interesante Patrimonio Natural, a través das múltiples áreas de regadío e de terreos fértiles proporcionados polo río, así como a existencia de amplos anfiteatros naturais, opondo zonas de serra e de planicie.

Co seu pobo lendario, con máis de nove séculos de Historia, Arcos de Valdevez é titular de innumerables monumentos históricos e etnolóxicos, que permiten ao visitante unha experiencia única. Este vasto e rico panorama constitúe o Patrimonio Arquitectónico Histórico e Cultural, onde a propia sobriedade dos montes e vales se alía á beleza das máis diversas manifestacións artísticas. Castelos, Igrexas, Torres, Pontes, ermidas e vestixios de antigas civilizacións.


No pobo, un posible circuíto no centro histórico inclúe algunhas das maiores xoias do Barroco Nacional portugués, patentes na Igrexa de Espírito Santo, Matriz ou na Lapa, así como edificios de interese arquitectónico. No municipio unha visita obrigatoria ao Santuario da nosa Señora da Peneda, ao Soajo, a Ermelo pero tamén ás belísimas paisaxes da serra, con contrastantes vales e pequenas aldeas típicas.