Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Ruta do Pan

Esta ruta enmárcase dentro do territorio do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés o que lle confire un grande atractivo, atravesando lugares que conservan o carácter propio das poboacións de montaña.


Na súa parte final mostra a fronteira natural que separa Galicia de Portugal, presentando unha equilibrada combinación de intereses culturais, etnográficos e paisaxísticos.


A pedra ten un protagonismo especial nesta ruta podendo considerarse un minucioso traballo de empedrada propia da mellor das calzadas coa que se pretendía suavizar os desniveis e fixar o terreo.


Tras abandonar Guxinde, unha primeira derivación invita a visitar un muíño restaurado. Máis adiante, un segundo desvío diríxese á aldea da Pereira. Atravesando as últimas casas do lugar vólvese conectar co camiño principal converténdose esta derivación en case unha pequena circular.