O
sendeiro decorre por terras ourensanas cargadas de historia. Na viaxe
dende a capital provincial ata a aldea de Padrendo pódense
visitar o mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Sta.
Camba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis, as augas
termais do Río Caldo e a antiga Vía Nova romana con
restos da súa calzada e numerosos miliarios. Pequenos desvíos
achégannos ata o barroco da igrexa da Terrachá ou o
Parque Megalítico de Muiños.
A ruta decorre polo
val, entre as estribacións da Serra de Sta. Eufemia e a do
Xurés. Ademais dos valores ambientais, esta zona conserva unha
gran riqueza etnográfica con mostras interesantes de
arquitectura rural da zona.
Percorrido: Padrendo, A Chan do
Ventoselo, Torneiros e Padrendo.
Acceso: Pola estrada de
Lobios á fronteira de Portela de Home (OU-312), desviarse na
Devesa ata Padrenda. Tamén se pode acceder ao sendeiro na
aldea de Torneiros, un pouco máis adiante na mesma
OU-312.
Lonxitude: 11,3 Km.
Dificultade: Media (non
apta para bicicleta)
Duración: 3,31horas
Fonte:
Turgalicia.es