Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Ruta de Queguas

Ruta: circular con inicio e fin en Queguas.

Itinerario: 6,5 quilómetros. Recoméndase iniciar a ruta desde o pobo de Queguas en dirección Os Carríns, e desde aquí ata as Cortes da Carballeira, para continuar ata a Casa da Moura, e volver de novo a Queguas.

Tempo aproximado:3 horas

Dificultade: Media

Cómo chegar: desde Entrimo, pola estrada que pasa por Vilar e Venceáns, aproximadamente a 7 quilómetros accédese á vila de Queguas, onde remata a estrada asfaltada e comenza o percorrido a pé.

Interés: Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico.

Percorrido:

- Desde o pobo de Queguas, situado a 900 m de altitude, iniciámola ruta por un camiño empedrado (posiblemente unha antiga calzada real) que discorre entre castiñeiros e carballos.

- Despois dos primeiros 500 m chegamos ó lugar dos Carríns, formado por 5 ou 6 construccións que serviron para aloxa-lo gando e que hoxe se atopan abandonadas.

- Continuando polo camiño empedrado, chégase ás Cortes da Carballeira. Trátase duns antigos currais onde se gardaba o gando vacún. Ademáis, pódese visitar a capela adicada á Nosa Señora da Ascensión, onde se celebra unha romaría no mes de xullo.

- A ruta continúa cun ascenso ata o impresionante monumento megalítico da "Casa da Moura", preto do cal, a uns 100 metros, atópase outro monumento megalítico pero máis deteriorado. Seguindo polas cotas máis altas, próximas ó lugar da Cha, poderás observar unha paisaxe natural de espectacular beleza. Divísase a Serra do Leboreiro, a Serra do Xurés, a Serra do Quinxo e o encoro de Lindoso. Neste lugar é frecuente atopar "garranos" ou "ponis galegos" (cabalo galego de monte) que viven nun réxime de semiliberdade, así como vacas da raza autóctona "cachena".

- Despois dun leve descenso, por zonas de monte baixo, chegamos de novo preto dos Carríns, ó sendeiro empedrado do comenzo que nos leva de novo ata Queguas.