Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

Proxecto Carisma - Reunión de Seguimento Proxecto Carisma - Reunión de Seguimento Proxecto Carisma - Reunión de Seguimento Proxecto Carisma - Reunión de Seguimento CARISMA FLUVIAL

Primeira reunión de seguimento do Proxecto Carisma

A Cámara Municipal de Melgaço acolleu a primeira reunión do Comité de xestión e coordinación do Proxecto CARISMA. Durante a mesma, presentouse o orzamento definitivo do proxecto e artelláronse as normas básicas de funcionamento do partenariado.

Control de calidade e caudal das masas de auga dos ríos Trancoso e Laboreiro, medidas conxuntas para garantir a calidade das augas dos ríos Trancoso e Laboreiro, recuperación e acondicionamento das ribeiras dos ríos Trancoso e Laboreiro e accións de divulgación e educación ambiental na contorna natural dos mencionados ríos. Son as catro actividades que integran o Proxecto Carisma, tal e como subliñaron este mércores 15 de xuño en Melgaço os socios encargados da xestión e coordinación do mesmo: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Administração dá Região Hidrográfica do Norte e Câmara Municipal de Melgaço.

Logo da presentación e avaliación da iniciativa por parte do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) e de seren realizados diversos axustes por esixencia das autoridades para a súa aprobación definitiva, o Proxecto Carisma contará cun orzamento total de 1.002.783,33 euros.

Planificación e posta en marcha: actividades previstas no primeiro semestre

Durante a reunión expuxéronse as tarefas a realizar nas dúas primeiras accións da actividade 1 (Control de calidade e caudal das masas de auga dos ríos Trancoso e Laboreiro), consistentes en "accións de control do caudal e calidade ecolóxica dos ríos" e "deseño e implementación dun sistema de transmisión dos datos producidos polas estacións á ARH Norte".

Polo que respecta á actividade 2 (Medidas conxuntas de garantización da calidade das augas dos ríos Trancoso e Laboreiro) introducirase a acción 1 "medidas correctoras de pequenas fontes de contaminación por augas residuais domésticas". Vaise a substituír unha foxa séptica por unha depuradora e instalar unha depuradora compacta. Na actividade 3 (Recuperación e acondicionamento dos ríos Trancoso e Laboreiro) procedeuse xa á limpeza dunha boa parte da marxe española do Laboreiro, procedéndose agora a elaborar as condicións técnicas que rexerán a limpeza do río Trancoso e do resto de tarefas desta actividade (construción e rehabilitación de pasarelas, acondicionamento de marxes, etc). Para rematar fixouse ao redor do último trimestre do ano a data para organizar a xornada de lanzamento do proxecto.

Xestión e coordinación

O encontro serviu ademais para presentar a composición do partenariado, as normas básicas de funcionamento do mesmo (composición, funcións, convocatoria de reunións e toma de decisións) e as responsabilidades tanto do beneficiario principal (Confederación Hidrográfica do Miño Sil) como de cada un dos socios (ARH do Norte e Câmara Municipal de Melgaço).

Neste contexto procedeuse á designación de representantes de cada entidade socia: José Álvarez e Emilio Rodríguez pola CHMS, Arnaldo Machado e Joao Mamede en representación da ARH Norte e Humberto Gonçalves e Fátima Taboas por parte da Câmara Municipal de Melgaço.