Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

"Onde as vacas son máis que gando e os acordeóns nunca pasarán de moda"

Os veciños de Olelas, protagonistas dunha reportaxe na televisión pública galega. Olelas, fermoso recuncho do concello de Entrimo, ao pé do Xurés, e núcleo próximo ao espazo Carisma, foi protagonista dunha reportaxe do espazo Grandes Lugares, emitido pola TVG.

En Olelas, onde os veciños están orgullos de ter atopado o paraíso, disque o primeiro olelense foi un escapado da xustiza, algo que puido ter ocorrido pois a vila non está camiño de ningures e tampouco é un lugar moi cómodo, con invernos moi duros nas montañas do Xurés e nos veráns o sol aperta sobre as rochas da terra e as poucas árbores.