Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

José Carlos Pimenta Machado, director da Administração da Região Hidrográfica do Norte Proxecto Carisma

“O Proxecto Carisma é un exemplo óptimo de que a protección das augas é tamén unha oportunidade para xerar economía”

Dende hai escasos meses, José Carlos Pimenta Machado é o máximo dirixente da Administração da Região Hidrográfica do Norte I.P. Pimenta Machado afronta esta nova responsabilidade nunha etapa histórica difícil marcada pola forte crise económica pero coa tranquilidade de ser un home cunha longa experiencia na casa. Durante toda a súa etapa laboral veu desenvolvendo funcións de técnico superior en diferentes áreas da ARH Norte.

Como é o balance persoal desta etapa inicial no novo cargo?

É difícil facer un balance de dous meses mais é positivo. O desafío é grande, todos sabemos que estamos a pasar unha conxuntura económica moi difícil. Obviamente esta conxuntura afecta moito o noso traballo, cria dificultades, pero tamén xera oportunidades. O traballo é moito e a motivación tamén é moita. Somos optimistas

Estamos falando agora máis concretamente dun proxecto como o Carisma e doutros proxectos conxunto entre a administración portuguesa e a española. Como incentivou a Unión Europea este tipo de contactos?

No pasado, eu tamén facía parte da ARH Norte, había unha enorme dispoñibilidade e vontade de estreitar relacións entre Portugal e España. Os dous países gañan moito se traballan en conxunto. O próximo planeamento vai ser feito en conxunto, como resultou na cimeira de Porto. Nós cos colegas temos moi boas relacións e de aí sairán novos proxectos para unha mellor xestión da auga. É unha oportunidade para mellorar os nosos coñecementos e as nosas parcerías.

Cales son as principais dificultades para que esa colaboración siga medrando?

Hai dificultades pero a vontade é moita. A nosa dispoñibilidade e a dos nosos colegas españois é total. O proceso está aínda nunha fase moi inicial e comporta moitos desafíos. Mais estamos ben posicionados. Hai necesidades de comunicación pero hai un proceso histórico de relacións persoais.

Vostede cre que a cidadanía en xeral, tanto a española e portuguesa, sabe da enorme importancia que teñen os recursos hídricos e a súa conservación ou cre que aínda hai moito traballo pendente?

É unha boa pregunta, unha pregunta ben oportuna. No fondo aínda hai persoas que miran para a auga sen se dar conta da súa enorme importancia. A auga é un dos principais recursos endóxenos. A auga é esencial, é un dos principais recursos endóxenos. É importante para a agricultura, para a enerxía, para o transporte, para a actividade turística…A auga é unha oportunidade. Eu lembro cando no pasado aínda había quen vía os ríos como un problema. Hoxe en día é todo o contrario froito tamén do traballo das administracións. O río hoxe en día é unha oportunidade. Temos aquí o exemplo do Proxecto Carisma, que é un proxecto óptimo, por un lado a protección da auga, dos recursos hídricos, pero tamén unha oportunidade de xerar turismo, de xerar economía. Hoxe en día máis que nunca nós temos que velar por iso.

Que pode representar a cimeira de Porto e que punto de inflexión pode marcar?

A cimeira do Porto vai xerar moitas oportunidades. O planeamento conxunto é un paso moi importante. Os ríos non coñecen límites fronteirizos, nin límites hídricos, tanto as augas veñen de España como de Portugal. Vai haber un avance na xestión, no coñecemento e nas relacións.