Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

22 de marzo - Día Mundial da Auga 22 de marzo - Día Mundial da Auga 22 de marzo - Día Mundial da Auga

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente celebra, coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o Día Mundial do Auga en Galicia

  • O obxectivo desta xornada foi o achegamento aos máis novos para sensibilizalos e recordarlles a importancia vital que ten "a auga" na nosa sociedade
  • Os ríos transfronterizos,  Troncoso e Leboreiro, converteranse na Primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organizou o acto do Día Mundial do Auga, que se levou a cabo no CPI de Crespos, concello de Padrenda. O acto estivo presidido polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

Baixo o lema escolleito este ano por Nacións Unidas, Cooperación na esfera da Auga, o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, acompañado polo presidente da CHMS, Francisco Marín, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez, entre outras autoridades, fixeron entrega dos premios do concurso de debuxo e narrativa aos mellores traballos presentados polos escolares baixo o epígrafe "Cóntanos do teu río".

Juárez destacou a importancia das actuacións levadas a cabo pola CHMS nos ríos Troncoso e Leboreiro dentro do proxecto CARISMA, que "poñen de manifesto unha filosofía de unión entre as poboacións transfronterizas en aras a crear un revulsivo económico e de axuda á dinamización do turismo ambiental da zona".

O Delegado do Goberno en Galicia tamén valorou positivamente a implicación dos máis novos nas accións do coidado dos ríos levadas a cabo na zona, pois "sobre eles recaerá no futuro a responsabilidade deste ben tan prezado sen o cal non é posible un porvir digno".

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, fixo un chamamento a seguir polo camiño da colaboración entre os distintos organismos que interactúan sobre un territorio, xa que "por vez primeira en Europa,  administracións de diferentes países póñense de acordo para protexer e poñer en valor ríos compartidos, para converter os ríos transfronteirizos,  Troncoso e Leboreiro, na Primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea".

Implicación dos máis novos

O obxectivo desta xornada foi o achegamento aos máis novos para sensibilizarlos e recordarlles a importancia vital que ten "a auga" na nosa sociedade, ademais de mostrarlles o labor que realiza a CHMS na súa comarca e máis concretamente as actuacións nos ríos Troncoso e Leboreiro que se están executando a través do proxecto internacional CARISMA - Calidade Ambiental das Reservas naturais fluviais internacionais do Medio Acuático.

Este proxecto nace do esforzo común de varias Administracións de  poboacións limítrofes entre España e Portugal polas que discorren os ríos Troncoso e Leboreiro e conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no que a CHMS é a encargada de coordinar un plan de acción, coa colaboración da administración hidráulica homóloga no Norte de Portugal - ARHNORTE-, as Cámaras Municipais de Melgaço e Arcos de Valdevez e os concellos ourensáns de Padrenda e Entrimo.

 

Os escolares puideron aprender, a través do conto "Unha ponte de amizade", que os ríos, máis que barreiras de separación, poden converterse en pontes de proximidade e unión entre poboacións limítrofes. Con este conto ilustramos outra das actuacións do proxecto  Carisma, coa construción dunha ponte de madeira que une as poboacións de  Entrimo, Melgaço e Arcos de Valdevez.

Proxecto CARISMA

Durante o acto explicáronse o conxunto de actuacións que compoñen o proxecto CARISMA, entre as que destaca a recuperación do carreiro peonil que discorre paralelo ao río Castro Leboreiro en Olelas -Entrimo-,  desde as inmediacións do núcleo de Olelas ata a vila do país veciño de Ribeiro de Baixo,  zona que goza dunha paisaxe de extraordinaria beleza cunha sucesión de fervenzas ao longo do trazado. Por outra banda, realizarase un proxecto de acondicionamento da marxe dereita e substitución de pasarela peonil no río Troncoso que comunique España con Portugal.

 

E, para rematar, outra das actuacións máis importantes deste proxecto é a substitución da antiga EDAR de Pontebarxas para tratar a auga residual que xera a poboación neste momento, por unha nova depuradora que se situará no mesmo lugar que a actual e que será capaz de tratar a auga residual para unha poboación de 600 habitantes. Esta obra será cofinanciada entre a Diputación Provincial de Ourense, o Concello de Padrenda e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

    Gañadores do concurso "Cóntanos do teu río":  

DEBUXO

NARRATIVA

Categoría 3 a 9 anos

1º Premio: Noa Gómez Sabucedo

Laura Rodríguez Martínez

2º Premio: Antía Carpintero González

Categoría 10 a 14 anos

1º Premio: Cecilia Cid Sousa

Iker Álvarez Álvarez

2 º Premio: Uxía Domínguez Alonso

FINALISTAS

DEBUXO

NARRATIVA

Categoría 3 a 9 anos

Oliver Míguez Alonso

Tamara Araujo Lemos

Categoría 10 a 14 anos

Santi Labrador Ibarz

Hugo Gómez Sabucedo