Ramón Alonso López, alcalde de Entrimo, destaca o fortalecemento da zona coa desaparición das fronteiras administrativas e a capacidade de programas europeos como o Carisma para axudar ao desenvolvemento local: "Somos doados de vender unha vez que se nos coñece", salienta o rexedor sobre os valores ambientais e culturais do lugar.