Carisma

Calidad ambiental de las reservas naturales fluviales internacionales y del medio acuático

6th World Water Forum Proxecto Carisma

Carisma como referencia de boas prácticas no 6º Foro Mundial da Auga

Da man do profesor António Guerreiro de Brito, o Proxecto CARISMA gozou de presencia no 6º Foro Mundial da Auga, celebrado recentemente na cidade francesa de Marsella.

Baixo o título 'The Experience of ARH do Norte on the Shared Management with 'CH Miño-Sil Regarding Minho-Lima/Miño-Sil River Basin District', António Guerreiro de Brito interveu no 6th World Water Forum, en calidade de presidente da ARH Norte e en representación da Axencia Portuguesa do Medio Ambiente.

Partindo do marco xeral dos ríos transfronteirizos a nivel da Unión Europea, na súa interesante conferencia, o profesor Guerreiro de Brito puxo en valor o ambicioso proceso de colaboración iniciado no marco específico da península ibérica e moi especialmente no ámbito transfronteirizo do río Miño.

Claves para a coordinación hispano-portuguesa

Neste sentido, a intervención do presidente da ARH Norte fixo un repaso do contexto global que estrutura estas oportunidades de cooperación, partindo do propio Convenio sobre Cooperación para a Protección e o Aproveitamento Sustentable das Augas das Concas Hidrográficas Hispano – Portuguesas, o coñecido como Convenio de Albufeira.

Unha segunda clave subliñada por António Guerreiro de Brito foi o obxectivo marcado polas respectivas administracións para a consecución dun plan internacional de xestión de conca para o río Miño na órbita do ano 2015.

E de xeito específico, no ámbito desas posibilidades de xestión coordinada de concas e plans hidrolóxicos compartidos, apuntáronse por un lado os avances no entorno do propio estuario do Miño e por outro lado o propio Proxecto Carisma: a iniciativa conxunta protagonizada no contorno dos ríos Laboreiro e Trancoso chamada a converterse en referencia de boas prácticas na posta en valor dun área ambiental transfronteiriza de gran beleza, así como a súa capacidade dinamizadora en beneficio dos municipios do seu entorno.

No documento adxunto pode consultarse un esquema a modo de resumo da súa intervención.